Teatro Principal de Ourense desde 1830

GL
Teatro Principal de Ourense

Rúa Paz 9
32005 - Ourense

COMPRAR ENTRADAS

19 Nov 2024

"VOCES FEMENINAS" Edición 2024

Hoxe tivo lugar no Teatro Principal  de Ourense a presentación de "VOCES FEMININAS" Edición 2024
Asistiron á mesma
D. César Manuel Fernández Gil ( Vicepresidente da Deputación Provincial de Ourense)
D. Edu Romero (Coconut Producións) Dna. Olga Mouteira Costela  (Directora do Teatro Principal de Ourense)

Un ano mais gozaremos de artistas excelentes como, Sanny o nome artístico tras o que se esconde Sandra Gómez, unha artista viguesa cun pé no Dylan dos primeiros anos e no Bruce Springsteen de Nebrasca e coa vista posta en artistas como Sharon Van Etten ou Phoebe Lou Bridgers.
A donostiarra Elena Setién é quizais una de artistas máis peculiares do noso país. Formada en música clásica e canto, desenvolveu boa parte da súa carreira en Dinamarca, onde chegou a estar nomeada a 4 grammies daneses de jazz.  
Saint Saviour
Colaboradora de Groove Armada, cos que aínda a día de hoxe segue virando. Acaba de lanzar Sunseeker, o seu cuarto álbum de estudo, un precioso exercicio de pop barroco.  A través dos seus once luminosas cancións a artista británica abandona o existencialismo que dominaba os seus primeiros discos, para mergullarnos nun universo de luz e alegría, un bálsamo contra o cinismo imperante na actualidade.
 
 

 

Compartir:

¿Necesitas axuda? Contacta connosco:

Laborables de luns a venres de 9:00 h a 14:00 h / info@teatroprincipalourense.com

CONTACTO

Implícate co teu teatro

Contribúe coas túas suxerencias ao desenvolvemento do noso teatro.

IMPLÍCATE
Deputación de Ourense

© 2021 Teatro Principal de Ourense - Todos os dereitos reservados // Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Configurar Aceptar